Conformidade a estándares e accesibilidade desta web
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesíbeis para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima os Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesíbeis e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesíbel a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

XHTML é un estándar (ao igual que o HTML) proposto polo Consorcio W3C baseado no estándar XML, e preténdese conseguir que todos os documentos Web sexan compatibles en cualquer navegador (non soamente en ordenadores, senón tamén en cualquer dispositivo). Segundo o propio organismo, é unha "reformulación do estándar HTML 4", co que é compatible ao 100%.
En coherencia con este obxectivo, o deseño da web
Máis internet, máis galego, máis futuro realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Esta especificación define as Follas de Estilo en Cascada, nivel 2 (CSS2). Esta é unha linguaxe de folla de estilo que permite que os autores e os usuarios asocien un estilo personalizado aos contenidos estruturados (por exemplo, documentos HTML).
Desta forma é posible adaptar a presentación de documentos a novos dispositivos, dispositivos sonoros, braille, etc. Esta especificación tamén soporta o posicionamiento de contidos, fontes descargables, disposición da páxina, aspectos para a internacionalización, contadores e numeradores automáticos, e algunhas características relacionadas co interfaz do usuario.

Nivel de accesibilidade dobre A. As páxinas web que conteñen este logotipo indican que satisfacen todos os puntos de verificación de prioridade 2 (dobre A), os contidos desta páxina Web foron modificados para satisfacer este punto de verificación ("AA"), en caso contrario os usuarios encontrarían algunha dificultade para acceder á información. Aplicando este punto de verificación mellora notablemente a accesibilidade do sitio Web.